por pedir que non quede.

un espazo para a literatura galega (en galego?), como goodreads pero ben XD

podes IMPORTAR os libros e datos desde goodreads (e outros servizos) e podería ser útil para as bibliotecas e clubes de lectura ofrecerlles este espazo.

tamén para o profesorado en relación co alumnado (isto deberíano valorar no se propio centro, por cousas da proteción de datos e tal, pero se usan goodreads pois xa ti me dirás…)

  • ghose@mastodon.gal
    link
    fedilink
    arrow-up
    1
    ·
    1 year ago

    @[email protected]

    isto vai desde mastodon e debería verse no foro

    o que digo dos centros de ensino é correcto (valorar a privacidade), pero se vos poñen pegas por usar bookwyrm tedes permiso para cagarvos en d… e sacarlle a ristra de servizos a quen lle contades a vida das crianzas a cambio de casito: principalmente o wastapp e o ig, porque sodes moi avangarde e o feis é de boomers.

    Conque puideses usar bookwyrm no centro, sen federar co resto de instancias/fediverso, xa estaría fenómeno

  • Marcos Taracido@mastodon.gal
    link
    fedilink
    arrow-up
    1
    ·
    1 year ago

    @ghose Precisamente estes días andaba pensando nesa posibilidade, mais descarteino porque pensei que non habería lectores abondo nesta lingua… Que habería que facer? Como se pode contribuír?

    • ghose@foros.fediverso.galOP
      link
      fedilink
      arrow-up
      1
      ·
      1 year ago

      o que non hai e persoas que publiquen no fediverso. Na miña opinión.

      cunhas ducias que escriban abondaría, tendo en conta que se poderíainteractuar desde mastodon (por exeplo). Hai bastante xente por aqui que le libros 😆 e incluso os escribe! 😮

      Non sei, sempre me pareceu un proxecto bonito, por iso comentei.

        • ghose@foros.fediverso.galOP
          link
          fedilink
          arrow-up
          1
          ·
          1 year ago

          si, claro. Igual que están falando de poñer un pixelfed ou outros servizos do fediverso. Habería que crearunha instancia nos servidores que xa usan para mastodon ou estos foros. Isto sería públicamente accesible

          unha escola podería instalar ese software no seu servidor e dar servizo só á súa comunidadr educativa, a conto do que dicía da “protrcción de datos”. Misturei un pouco o caso concreto cunha suxerencia xenérica 😔 Desculpas.